Vémonos á volta

Como xa vos fomos comentando nos programas anteriores, en agosto estamos de parón, mais en setembro hemos voltar coa cuarta tempada na que seguirmos a falarvos dos artistas de aquí e de acolá.

Se nos botades en falta neste primeiro mes de parón desde o noso comezo alá polo 2007, abrímosvos o nos arquivo de programas, que o desfrutedes!

Comentar | Sábado, 14 de Agosto do 2010

Sonar Galicia por Anxo López

Sónar Galicia 2010 from Anxo López on Vimeo.

Comentar | Sábado, 10 de Xullo do 2010

27/06/10 Especial Sonar Galicia II

Segunda parte do programa especial sobre o Sonar Galicia. Nesta edición podemos escoitar case 60 minutos de audios recollidos o Sábado no Sonar Galicia.

 
icon for podpress  Especial Sonar Galicia II [59:56m]: Play Now | Play in Popup | Download

Comentar | Luns, 28 de Xuño do 2010

20/06/10 Especial Sonar Galicia I

 
icon for podpress  Especial Sonar Galicia [59:56m]: Play Now | Play in Popup | Download

Comentar | Luns, 21 de Xuño do 2010

Retomamos o podcast

Non prometemos nada, mais, retomamos o podcast (no mellor momento) para ofrecervos a nosa crónica “sen comentarios” do Sonar Galicia. Agardamos que vos preste.

Comentar | Luns, 21 de Xuño do 2010

Este domingo falamos da Toupa.net

Toupa.net desde xa é o noso animal favorito, ten toda a oferta musical (e cultural) do país a golpe de click. Ademáis un dos seus responsables foi un navegante de Radio Oceánica, Txiki Calvo. Asique este domingo teremos unha colaboración especial de Txiki con música e información de Toupa.net.

Comentar | Domingo, 13 de Xuño do 2010

Especial sonar + entradas

Este domingo teremos un programa especial adicado ao Sonar Galicia. Ademáis de repasar o que nos poderemos atopar aló sortearemos en directo entradas para o festival. Preparade os recpetores e os teléfonos se queredes ir de balde ao Sonar Galicia!

Importante: Todos os premiados poden recoller a súa entrada presentando o DNI na billeteira para concursos e convidados en ExpoCoruña os dias:

Xoves 17 de xuño: de 18:00 a 23:00h
Venres 18 de xuño: de 18:00 a 2h
Sábado 19 de xuño: de 18:00 a 2h

Comentar | Venres, 28 de Maio do 2010

Este domingo Radio Océano!

Este domingo entrevistaremos ao lider dunha das bandas que deixou unha pegada máis fonda e por veces non tan coñecida como debera. Falaremos con Johny Rotring, hoxe en día máis coñecido coma Xosé Manuel Pereiro, que ten moitísimas cousas que contar sobre un grupo pioneiro e histórico. A presenza de Radio Océano no programa ven precedida do anuncio dun concerto homenaxe que seguramente será lembrado en tempo, acontecerá na Sala Nasa o vindeiro xoves. Termos tamén a Antón de Ulträqäns e os Tres Trebóns que nos falará de como xurdiu a idea e que cousas nos agardan nesa cita imprescindible.

2 comentarios | Venres, 16 de Abril do 2010

Este domingo Especial Sonar

Xa vos fomos contando puntualmente as novidades do Sonar Galicia, este domingo temos preparada unha escolma dos grupos que xa están confirmados no adianto de cartaz. Unha hora de música avanzada, electrónica, hiphop… con especial presenza galega da que vos daremos boa conta.

Comentar | Venres, 2 de Abril do 2010

Este domingo Montouto Sound Machine (e non so)

Recoméndovos que non vos perdades o programa deste vindeiro domingo, estará un home orquestra de Sabucedo, que descubrimos hai pouco gracias a Zimmer103 que nolo suxeriu no mail. Entrevistaremos ao creador deste místico proxecto afincado en Cuenca e que ten moito que dicir no musical e no conceptual. Ademáis teremos sorpresas vibrantes, estade atentos!

MySpace

2 comentarios | Venres, 26 de Marzo do 2010

Entradas anteriores

Podcast

Subscríbete o podcast de Radio Oceánica mediante RSS ou iTunes.

Radio Oceánica nas Redes Sociais

Emisora

Soporte

Creatividade

Procura