Arquivo de Setembro do 2008

E mañá…

Sábado, 27 de Setembro do 2008

Non vos imos dicir quen ven ata que escampe, por que é unha banda deseñada que quere ser a mala da película… Máis pistas?

Pois si, este domingo en Radio Oceánica unha das bandas que máis sorprendeu na escea.

Postado en Novas | 2 comentarios »

Comezamos as entrevistas

Venres, 26 de Setembro do 2008

Xa vos comentabamos no primeiro programa que inesperadamente vos ofreceriamos entrevistas con grupos relevantes da escea. O primeiro, por relevante e cercano ao programa foi Carlos Valcarcel, coñecido musicalmente por Projecto Mourente e que estivo no programa o domingo pasado, falando de Kara o Ke vamos e Kara o Ke vai o Projecto Mourente. Podedes escoitar aquí os programas e axiña nesta páxina.

Postado en Novas | Sen comentarios »

Rematado o concurso

Xoves, 25 de Setembro do 2008

Nesta nova tempada abrimos unha sección na que ti ou calquera dos ointes teña a posibilidade de por música en Radio Oceánica, para animar aos primeiros en nos recomendar os seus gustos ofrecemos un CD de Fanny+Alexander e unha camisola, agora damos por pechado o concurso pero atención porque seguimos agardando polas vosas músicas en radioceanica@crtvg.es

Noraboa aos gañadores e gracias a todos os que parciparon e por suposto á xente de Fanny+Alexander.

Postado en Novas | Sen comentarios »

Concurso disco Fanny+Alexander

Luns, 8 de Setembro do 2008

No primeiro programa da nova tempada estreamos web e cambios no programa, entre eles unha nova sección na que todos vos podedes participar enviandonos a canción que queirades que sone en Radio Oceánica cun pequeniño comentario a:

radioceanica@crtvg.es

Para animarvos a que nos enviedes eses temas que tanto vos gustan ou ese grupo que descubristedes e que necesitades contarllo a todo o mundo, regalamos discos de Fanny+Alexander aos que vos animedes. Se queredes saber máis detalles escoitade a primeira edición da terceira tempada.

Postado en Uncategorized | 3 comentarios »

Nova tempada!

Domingo, 7 de Setembro do 2008

Abrimos este espazo na rede para completar a información que vos ofrecemos semana a semana ás dez da noite do domingo na Radio Galega Música. Con él queremos retormar o contacto máis estreito que tivemos coa rede na primeira tempada, e facémolo lanzando un valde de auga a todos os que se queiran mollar na escea galega de música independente.

Móllaste?

Postado en Novas | Sen comentarios »

Podcast

Subscríbete o podcast de Radio Oceánica mediante RSS ou iTunes.

Radio Oceánica nas Redes Sociais

Emisora

Soporte

Creatividade

Procura