Arquivo de Novembro do 2008

Por fin o podcast

Luns, 10 de Novembro do 2008

Non era sen tempo e sen peticións dos ointes, mais diversas complicacións fixeron que nos retrasaramos nesta promesa da nova tempada. Agora si, xa poderedes escoitar, descargar e subscribirvos aos programas de Radio Oceánica. Para escoitar so tedes que ir ao artigo coa data do programa e premer no play, para descargar picar en download e para subscribir copiar o feed RSS que temos no lateral da web no voso reproductor (máis info sobre podcast en podgalego). Pouco a pouco iremos postando os programas anteriores ata pornos ao día, no entanto vaite subscribindo!

Tamén quixemos ampliar un pouco a información do programa, con novas páxinas dispoñibles no lateral. Agardamos que estes cambios sexan do voso agrado e coma sempre, suxestións, ideas e críticas a:

radioceanica@crtvg.es

Postado en Novas | 5 comentarios »

Este domingo Fanny+Alexander

Xoves, 6 de Novembro do 2008

Son un dos grupos que comezaron a nova escea galega musical, dos que máis evoluiron no son e no estilo e ademáis non se deixan ver demasiado nos escenarios, este domingo en Radio Oceánica teremos nos estudios da Galega a Fanny + Alexander.

Postado en Novas | Sen comentarios »

Podcast

Subscríbete o podcast de Radio Oceánica mediante RSS ou iTunes.

Radio Oceánica nas Redes Sociais

Emisora

Soporte

Creatividade

Procura