Esta semana comezou Planeta Furancho, presentado por Vituco Neira; é un programa diario de luns a venres ás 11 da noite en Radio Galega Música. Este venres tivemos a oportunidade de estar no Planeta Furancho convidados por Vituco, e non podemos máis que pornos ledos pola existencia do programa e polo entusiasmo co que Vituco leva o programa, ademáis estamos seguros que haberá colaboracións entre os programas.
Queremos aprobeitar para recordar a un programa que non continúa na cadea, Disco 2000, presentado por Santi Diaz, abandona a emisora despois dun traballo impresionante arredor da música indy. Agardamos por esa segunda época do programa.
