Ti pos a música
Esta tempada inauguramos unha sección na que os ointes podedes enviarnos un tema para que sexa radiado no programa. A idea é que en base a uns criterios que vos damos nos enviedes o tema e cunha pequeniña descripción do tema, do grupo ou do porqué o escolléstedes. O tema ten que pertencer a un destes criterios:
- Un tema que signifique unha importante descoberta para ti ou para a comunidade oceánica. Referímonos a ese tema que sabes que vai ser o grande éxito mas que ainda é descoñecido, ou a ese grupo que acaba de comezar que te volve tolo, ou esa navegación que rematou nun MySpace impresionante.
- A canción con letras maiúsculas que ainda sendo coñecida ou dun grupo coñecido merece ser remarcada unha vez máis.
Como sabedes, se o grupo é da nosa escea moito mellor, mais a última palabra é vosa; nós iremos pondo o que nos chegue ao noso mail e as recomendacións e mensaxes recibidos en Last.fm








2 comentarios
Engade o teu1. David | 22 de Xuño do 2009 as 0:29
Olá.
En primeiro lugar quero darvos parabéns sinceros polo voso traballo. Sodos unha fiestra de aire fresco para todos os grupos galegos, canten na lingua que canten, e aos que os teñen, de facto, vetados nas emisoras comerciais.
Quixera pedirvos o tema “Teño saude”, de Andrés do Barro, cantado polos de Safari Osquesta.
Graciñas e moito ánimo.
A seguir así.
Saúdos: David
2. IsaacG | 26 de Xuño do 2009 as 7:23
Graciñas David pola suxestión, este domingo atendemos á túa petición
Apertas!
Comenta
Algúns tags HTML permitidos:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>
Trackback a este post | Subscribir os comentarios via RSS